top of page

Crónica Annihilator +  Harlott + Archer  Hard Club  9-10-15

 

Annihilator, foi a proposta para a noite do vernes na sala de Oporto. A apertura a iniciaron os californianos Archer, que entregaron un son dentro dun thrash power metal, con marcas de Hard Rock, sendo claro que Zakk Wilde é unha gran influencia no guitarrista Dylan Rose, porén foi o baixista David De Silva o que tivo mellor nota técnica. A propósito do apelido, o músico aínda referiu ter raíces portuguesas, pero o escaso tempo do que o trío dispuña, non lle permitiu alongarse. Quedou a imaxe dunha banda nova, na busca dun son propio. Polo medio, unha versión de Megadeth, "Tornado Of Souls", que precisaba claramente dunha segunda guitarra.


A segunda proposta da noite, Harlott, viña de Australia e convenceu aínda menos, quizais por soar demasiado coma Kreator. Aínda esforzado, o cuarteto resultou ser menos audaz que os anteriores e non foi capaz de responder ao creccendo da calidade que se espera nun cartel múltiple.


 


Antecedido por grupos mozos e nun país no que é tan querido, o proxecto de Jeff Waters tiña todo para ser memorable. Os temas fortes non faltaron, dende logo con "King of the Kill" co que abriron o concerto, seguido de tres temas do recente Suicide Society: “Suicide Society”, “Creepin' Again” e “No Way Out”. Jeff Waters non quedou mal na figura de vocalista.

 

 “Set the World on Fire”, “W.T.Y.D.”, “Never, Neverland”, “Tricks and Traps” e moitas máis.


As case dúas horas foron cubertas con bo humor, execución técnica bastante boa e bos temas. O solo de batería de Mike Harshaw conduciu a una segunda parte con máis hits, “Phantasmagoria”, “Brain Dance”... contivo temas sobre comida, “Chicken and Corn”, “Kraf Dinner / 21 / Reduced to Ash”, e a inevitable "Alison Hell", que para o mellor e o peor, marcou o grupo dende o comezo.


 Quedou no final aquela sensación que se ten cando percorres a discografía do grupo: todo moi ben, pero ... “Human Insecticide” cerrou unha verdadeira maraton musical.


Crónica y fotografías por Emanuel Ferreira

bottom of page