top of page


Crónica Slayer +  Anthrax + Kvelertak Coliseum, Coruña 31-10-15

 

   Galiza na noite de Halloween. A conxuntura prometía e cando el vocalista de Kvelertak Erlend Hjelvik se transfigurou nun totem, cos brazos abertos e curuxa cubrindo a cabeza, as cerimonias daban comezo. Na plateia moitos xa estaban vestidos a rigor e bastaron os primeiros acordes para que os corpos se entregasen á música. Pero foi un falso inicio, pois, se os noruegueses xa tiñan poucas oportunidades cos nomes que lle seguían, o son embruxado comprometeu a actuación, ao que seguiu a case falta de luz no escenario, logo do terceiro tema, e que só volveu a finais do concerto. Ficou a enerxía do sexteto, a poderosa figura do seu frontman e a sensación de que co novo disco, en 2016, poderá chegar a afirmación que tarda a los noruegueses.

 

Actuando no segundo lugar, polo que cun set acurtado, sen traballo novo, os Anthrax entraron logo en alta, a través de "Caught In A Mosh", mantiveron o ritmo coa súa versión de Joe Jackson e a partires de aí foron "Madhouse" e "Antisocial" e lembraron  o último traballo, de 2011,  con "Fight 'En' Til You Can not".

 

 

A unha "Indians" máis longa seguiulle a última versión da noite, "March Of The SOD" e ao final desta, dous pequenos Backdrops foron cambiados para amosar os rostros de Dio e Dimebag, anticipando "In The End". Sen encore oficial, o grupo abandonou o escenário para deixar a Scott Ian solo, tirando acordes da guitarra, pasando de seguido aos primeiros riffs de "Among The Living" mentres os restantes integrantes regresaban ao palco. A versión actual de Anthrax compensa a menor enerxía da idade, co peso dunha carreira chea de boa música, facendo valer o concerto.

 

Pero a noite era de Slayer e, polo público, bastaría con pouco para que todos quedasen  satisfeitos. Unha xigantesca cortina branca foi erguida para ocultar o escenario, proxectando nela pentagramas. Ao son de "Delusions Of Saviour" a tea caía, para deixar ver todo un escenario decorado coa capa de "Repentless" e catro cruces invertidas suspendidas, mentres que o cuarteto arrancaba coa canción que da título ao novo disco. Seguiu "Postmortem", mostrando que Jeff Hanneman non estaba esquecido. "Hate Worldwide" lembraba "World Painted Blood", a que se seguiu "Disciple" e "God Send Death". Ao final do tema, Tom Araya dirixiuse ao público en castelán cun "Si usted no nos quiere, nos vamos", referiuse ao seu Chile natal e xa en inglés un "grazas a todos e benvidos", todo un discurso para quen está afeito ao seu silencio entre temas. de boa música, facendo valer o concerto.

Veu unha demoledora "War Ensemble" e logo volveuse ao último traballo con "When the Stillness Comes" e "Vices", cos dous temas pechando a primeira parte da actuación.


Coa banda sempre enriba do escenario cambiarono, mostrando a coñecida aguia imperial do cuarteto, ata o momento o concerto tiña unha moi boa calidade, máis a partires de aquí, o que seguiu foi dun nivel avasallador: "Mandatory Suicide", "Chemical Warfare", "Die by the Sword", "Black Magic / Hallowed Point", "Seasons in the Abyss", "Hell Awaits", "South of Heaven", "Raining Blood" e "Angel of Death ".

 

 Así mesmo, sen paradas, presentacións ou calquera outra forma de pasar tempo. Slayer puro e duro, con Holt e King a descargaren riffs nos laterais mentres Bostaph e Araya devastaban a columna central. "Raining Blood" pode ser o "Ace Of Spades" dos Slayer, e quizais a única canción que moitos coñecerán polo nome, moitas veces asasinada en covers de garaxe, pero nun escenario iluminado en vermello baixo o nome Slayer, alcanza toda outra dimensión, ademais de que, cunha selección deste nivel, o cuarteto deixou para a historia da música, máis ases dos que unha soa baralla pode conter.


Memorable.


Crónica y fotografía: Emanuel Ferreira

 

bottom of page