




Entrevista a Invivo
Galiza Metal entrevistamos a Invivo, co motivo da recente saída do seu terceiro disco de estudo, Cárcavas. Atentos ó que nos contou Roberto Filgueira, vocalista da banda...

Galiza Metal: Boas mozos! Benvidos á nosa casa, estamos encantadas de tervos con nós. Invivo
acabades de sacar o voso terceiro disco de estudo, “Cárcavas”. Desta volta experimentástedes
moitos cambios, contádenos de qué se trata esa “metamorfose”...
Invivo: Moi boas! Pois si, por fin o noso terceiro disco, desta volta nos custou un pouco. Verás, a
"metamorfose" foi un tanto forzada, o motivo foi que Mario, guitarra e ata agora voz de Invivo,
fastidiou a gorxa na primaveira do ano pasado por mor da alerxia. Xa por aquel entón, tivemos que
facer "malabares" para afrontar o concerto homenaxe a Zenzär polos seus 25 anos na escea, na sala
Capitol.
GM: ¿Supuxo un gran contratempo o feito de cambiar de cantante á última hora, cando xa estabades
cun pé no estudo para grabar? ¿Cambiou moito a idea preconcebida que tiñades para cada tema ó
adaptala a unha voz diferente?
I: Si, foi un gran contratempo, tivemos que pararnos e replantexar moitas cousas.O final Filgueira,
ata entón baixista, ofreceuse a intentar tomar o relevo. Pareceunos importante o feito de que fora
unha voz xa recoñecible do grupo (antes facía os coros); fixo unha proba, por suposto, e a verdade é
que deu o callo! (risas). No tocante aos temas, algo si que cambiou o feito de que se incorporase
Filgueira á voz, a pesar de que estaba practicamente todo rematado. O feito de que decidise deixar o
baixo despois de grabar, fixo que se puidera dedicar máis a facer algunha melodía, tarefa pendiente
en Invivo, e a pesar de que aínda non son o noso punto forte, conseguimos un pouco máis de
dinamismo nas voces e na posta en escea. Por outra banda incorporamos a un membro máis Bruno
Castro, que tomou boa conta do baixo e en pouco tempo. É moi currante este rapaz! (risas) Gañouse
o posto.
GM: ¿Cómo foi o proceso de grabación? ¿Malia este contratempo inicial, houbo algún outro
incidente que nos queirades contar ou todo foi doado a partires de ahí?
I: Cada vez que voltamos a Pousada Son a grabar un tema ou outro disco, resulta todo máis facil! A
verdade e que para nós é un placer traballar con Iago Pico. A parte instrumental foi polo aire.
Tiñamos os temas moi machacados e sabíamos que precisaríamos máis tempo do habitual para as
voces. Tiñamos idea de cómo ían a quedar, pero o resultado creo que nos colleu a todos por
sorpresa. Maila todo, sí que houbo outro incidente e pensabamos que se viña todo a baixo cando
Filgueira empezou cas voces e non era capaz de cantar, o longo inverno compostelán pasaba
factura. Por iso demoramos mes e medio máis, unha tolemia, este é o disco que máis nos custou
sacar adiante. Ao final foi indo e puidemos rematar Cárcavas!
GM: ¿Como definiriades en poucas palabras este novo disco, “Cárcavas”?
I: É difícil definirse a un mesmo, e máis cando nos custou tanto parilo. Para nós é un punto de
inflexión, non sabemos qué pasará despois de Cárcavas pero dende logo marca unha chegada á
madurez musical que se entrevía en Dogma, é un disco cañeiro e dinámico.
GM: ¿Cal foi a vosa idea principal cando comezástedes a traballar nel? ¿Axústase isto ó resultado
final do disco?
I: Nunca partimos de unha idea, de un "queremos facer isto asi e por alí"; máis ben van xurdindo as
cousas. Vamos facendo temas nos que cada un vai aportando o que mellor sabe facer e, cando temos
abondos, escollemos os que creemos que mellor poden representar o que somos e facemos. O
resultado final sempre é unha incógnita. Ás veces pensas que tal tema será o single perfecto e cando o escoitas grabado e rematado non é o que esperabas. e pola contra outro tema que non esperabas
que sobresaíra moito, resulta un pepinazo. Neste caso, con Cárcavas, fumos os primeiros
sorprendidos do resultado final.
GM: Cárcavas consta de 11 temas, cun son moi potente e ben definido musicalmente falando,
segundo a miña opinión, pero, ¿qué tipo de críticas recibiu o disco polo momento? ¿Algunha que
resaltar?
I: Pois a verdade é que ata agora son todas boas. Ata nos pediron info para facer reseñas dende
Brasil e Rumanía!!
GM: ¿E qué tal foi a acollida que tivo entre os seguidores de Invivo, tendo en conta os cambios que
houbo no grupo?
I: Moitos non sabían os cambios que se ían atopar e nunca sabes como reaccionarán. Os noso
amigos máis cercanos, compañeiros e seguidores, foron os segundos sorprendidos; e por sorte para
ben. De feito gañamos adeptos gracias a eles e á difusión que tanto eles coma nós fixemos de este
traballo. Temos algún amigo que xa lle gustaba o grupo e agora prácticamente temos que contratalo
como embaixador! (risas).
GM: ¿Qué tendes pensado para presentar “Cárcavas? ¿En qué lugares teremos a ocasión de escoitar
este disco en directo?
I: A primeira proba, máis que presentación, foi no TNT de Santiago o 24 de Maio. Precisabamos
"ver" de que somos capaces nunha hora e cuarto, máis ou menos, ca nova formación e nunha sala de
capacidade media onde prácicamente estás entre o público. Hai moitas novidades e precisabamos
testealas antes de pensar nunha sala grande, e o TNT onde xa presentáramos os anteriores discos,
pareceunos o lugar ideal, ca nosa xente.
Polo de agora non temos ningunha data para verán, pero estamos traballando para conseguir algo
bo. Despois do verán temos pensado unha presentación máis ó grande na sala Capitol, e hai
proxectos que nos levarán seguramente a terras viguesas. Esperamos poder recorrer, de entrada, boa
parte de Galicia presentando Cárcavas, pero aínda son proxectos.
GM: Por outra parte, gustaríame facer mención ó videoclip oficial de “Cárcavas”, ideado e dirixido
por Lois Rodríguez. Nel, as imaxes que se ven son as do grupo grabando en estudo, sen unha
historia de fondo, coma en anteriores videoclips de Invivo. ¿Por qué optástedes por este formato
desta vez? ¿Cal é a idea que nos queredes achegar?
I: Vaia, boa pregunta. En principio fixémolo así porque queríamos ter un vídeo para cando
remataramos de garbar o disco e esta era a mellor opción. Fixémolo mentres grabábamos e
tampouco tiñamos tempo de pensar nunha historia ou situación para o vídeo. Ademáis, non tiñamos
ningún vídeo en estudio (risas). Gustaríanos poder facer algo máis elaborado, seguramente da man
de Lois, gústanos moito cómo traballa e é un gran colega. É cuestión de tempo, xa falamos ó
respecto.
GM: Chegamos xa ó final da entrevista, e gustaríame preguntarvos en qué andaredes ocupados
Invivo nestes vindeiros meses... Poida que aínda sexa cedo para preguntalo pero, tendes xa o voso
seguinte disco en mente?
I: Polo momento estamos a promover o noso recente traballo, tanto nas redes coma nos escenarios
que nolo permitan. Estamos a buscar datas e estamos en contacto con varios grupos para compartir
escenarios. E sí, aínda é cedo para pensar nun novo disco pero, coñecéndonos, non creo que tardemos moito en comezar a compoñer cousas novas.
GM: Ata aquí a entrevista, mozos. Unha vez máis grazas por atendernos e desexámosvos moita
sorte con todos os vosos proxectos. Aínda así, antes de rematar, gustaríame que adicasedes unhas
palabras para a vosa xente e para os lectores de Galiza Metal...
I: Grazas a vós por fecervos eco do noso traballo e apoiar á escea galega, facedes unha gran labor
polos grupos da nosa terra.
Para os colegas de Invivo e os lectores de Galiza Metal: seguide ahí!! Vós facedes todo isto posible
e sen vós non somos nada!! Grazas!!
GM: ¡Moitas grazas!
I: Unha vez máis, grazas a vós!!
ENTREVISTA: ALBA MOLEDO
